Software de terceiros

Software de terceiros para usar con OmegaT

Dicionarios ortográficos Repositorios en liña de dicionarios ortográficos para usar con OmegaT.
OpenOffice.org
Libre Office
Alternativas libres (compatibles) a Microsoft Office.
Okapi Framework Un conxunto de programas completo para preparar os ficheiros para a súa tradución cunha ferramenta de tradución asistida. Permite que varios tipos de formatos de ficheiro que non son admitidos de forma nativa por OmegaT poidan ser traducidos. Hai un titorial detallado dispoñible.
bitext2tmx Ferramenta de aliñamento que permite crear memorias de tradución a partir de textos orixinais e as súas traducións.
Glossum Unha ferramenta de xestión de dicionarios en liña que se integra con OmegaT
LF Aligner Ferramenta de aliñamento a través de liña de comandos que permite crear memorias de tradución a partir de textos orixinais e as súas traducións.
Scripts e procedementos de Samuel Murray Descricións e enlaces aos scripts e procedementos de Samuel Murray. A maioría destes scripts requiren MS Windows, mais algúns procedementos poden funcionar noutras plataformas.
Os scripts e procedementos están dispoñibles para permitirlle:
- Saltar segmentos que conteñen un determinado xogo de caracteres
- Extraer todo o texto de orixe dos ficheiros do proxecto nun só ficheiro de texto
- Crear un ficheiro TMX que conteña todas as cadeas, con orixe e destino idénticos
- Engadir termos a un glosario mentres traduce con OmegaT
- Engadir números a todos os segmentos, facéndoos «únicos»
- Eliminar todo o texto a excepción das etiquetas, ou todas as etiquetas sen afectar ao resto do texto
- Comprobar a ortografía (mediante varios procesos)