Contacto e soporte

Grupo de usuarios

OmegaT ten un grupo de usuarios multilingüe moi activo e colaborador ao cal lle recomendamos unirse que pode atopar aquí. O grupo de usuarios ademais é o maior punto de contacto entre os usuarios e o equipo do proxecto.


Listas de correo

OmegaT tamén ten as seguintes listas de correo e rastrexadores, que están hospedados en SourceForge:

OmTdev A lista de desenvolvedores de OmegaT. Esta lista está enfocada á discusión técnica de características e do desenvolvemento, e está dirixida aos desenvolvedores de OmegaT e outros grupos interesados.
OmT-l10n Esta lista de correo é para os localizadores de OmegaT.

Sistema de seguimento

Os problemas, as peticións de características e as cuestións sobre a documentación son manexados en Sourceforge polos seguintes sistemas de seguimento. Por favor, non use estes sistemas de seguimento sen antes ter tratado a cuestión no grupo de usuarios ou nas listas de correo.

Sistema de seguimento de problemas
Sistema de seguimento de solicitudes de características
Sistema de seguimento de documentación

Administración

Para calquera cuestión administrativa póñase en contacto co coordinador do proxecto OmegaT.