Información xeral de descargas de OmegaT

Ligazóns de descarga

A continuación pode atopar ligazóns para descargar as distintas versións de OmegaT. Para máis información, lea o apartado «Descricións detalladas».

Versión Estándar
(Versión actual: 3.6.0 update 5)

Windows con JRE
Windows sen JRE
Mac OS X
Linux con JRE
Multiplataforma sen JRE
Código fonte

Última versión
(Versión actual: 4.1.1)

Windows con JRE
Windows sen JRE
Mac OS X
Linux con JRE 32-bit
Linux con JRE 64-bit
Multiplataforma sen JRE
Código fonte

Versións Comezo Web

Comezo Web Estándar
Comezo Web Última

Versións antigas

Versións vellas que foron substituídas

Versión Troncal

A versión /troncal e a versión «alfa» máis recente, que inda está en desenvolvemento.

Descricións detalladas

Teña en conta que estas categorías non se exclúen mutuamente Unha versión pode ser «Estándar, sen JRE para Windows» ou «Última, con JRE para Linux», etc.

Versión Estándar.

A versión Estándar xa foi usada durante un tempo e polo tanto probada. A documentación dispoñible está razoablemente ao día, cando menos no caso do inglés. Con todo, non terá algunhas das características da versión «Última».

Versión Última

A versión Última e unha versión máis recente que a Estándar e contén características que non están presentes nesta última. Polo normal a versión Última poderá ser usada de forma habitual, pero é posible que teña algúns erros. A documentación será menos completa que a da versión Estándar, sobre todo no caso das novas características. Os usuarios que xa teñen experiencia con OmegaT normalmente prefiren a versión Última.

Plataforma (sistema operativo)

Hai versións específicas para unha plataforma de OmegaT dispoñibles para Windows, Linux e Mac OS X. Tamén hai dispoñible unha versión non específica para unha plataforma concreta que funcionará en calquera sistema operativo capaz de executar unha versión compatible do Java Runtime Environment.

Con ou sen JRE

Para executar OmegaT precisa ter instalado o Java Runtime Environment (JRE) no seu computador.

Se está seguro de que ten instalada unha versión compatible do JRE no seu ordenador, pode descargar OmegaT sen JRE. A descarga será máis rápida e a instalación requirirá menos espazo no disco duro. Neste caso, non escolla a versión por defecto: seleccione unha versión diferente (por exemplo, a Estándar ou a Última), e logo escolla a versión marcada como «Java non incluído».

Se instala a versión de OmegaT que inclúe JRE, a pesar de que este xa estea presente no seu computador, o JRE de OmegaT será instalado por separado e non creará conflitos co que xa ten instalado no computador. Polo tanto sempre é seguro instalar a versión de OmegaT que inclúe o JRE. Se non está seguro de se ten unha versión adecuada de JRE, seleccione unha versión con JRE (ou a versión por defecto).

Usuarios de Mac OS X: o JRE xa está en Mac OS X por defecto, polo que non hai ningunha versión para Mac OS X con JRE.

Usuarios de Linux: a maioría das distribucións inclúen un Java Runtime Environment, pero algunhas distribucións centradas no software libre non funcionan correctamente con OmegaT (inda que isto pode non resultar evidente dende un principio). Se é relativamente novo en Linux, recomendámoslle que seleccione unha versión de OmegaT que inclúa o JRE. Os usuarios máis experimentados de Linux poden preferir instalar o Oracle (anteriormente Sun) JRE a nivel de sistema.

Versión Comezo Web

A versión Comezo Web ofrécelle unha forma alternativa de instalar OmegaT no seu computador.

Con esta versión, as futuras actualizacións instalaranse de forma automática.

É posible que reciba varios avisos de seguridade durante a instalación, en función do sistema operativo que empregue.
O certificado está firmado por PnS Concept Sarl, unha empresa francesa.

Os permisos que dea a esta versión (que poden estar descritos como «acceso sen restricións ao computador») non son distintos dos que se lle asignan á versión local, por exemplo, acceso ao disco duro do seu computador.

Para instalar a versión Comezo Web, precisa ter instalado Java 1.3 ou unha versión posterior no computador.

Información de intimidade: A versión de Java Comezo Web de OmegaT non garda información nos servidores web de OmegaT. O programa execútase no seu equipo. Os seus documentos e memorias de tradución permanecen no seu computador, e o proxecto OmegaT non terá acceso ao seu traballo o á súa información.

Versións antigas

A versións antigas son versións vellas que foron substituídas. Carecen de interese para a maioría de usuarios. Con todo, é posible que algúns usuarios afronten restricións (por mor do seu sistema operativo ou da súa versión de Java) que poden facer que prefira unha versión antiga.

Versión Troncal

A versión /troncal (alfa) é o resultado dos últimos avances no desenvolvemento. Só está recomendada para desenvolvedores e probadores dedicados. Pode obterse empregando o comando de subversión:

svn checkout svn://svn.code.sf.net/p/omegat/svn/trunk omegat-svn

Paquetes co código fonte.

Os paquetes co código fonte non son necesarios para os usuarios e só están pensados para os desenvolvedores. Pódense atopar nos cartafoles das versións compiladas correspondentes.