Guía de OmegaT:
Exportar de OmegaT ao formato «Uncleaned RTF» de Trados

Esta guía explica como producir un ficheiro en formato «Uncleaned RTF» a partir dun proxecto de OmegaT. Este formato pode ser un formato de intercambio adecuado para os usuarios doutras ferramentas de tradución asistida, en especial de Trados e Wordfast Classic.

Puntos que ter en conta:

Esta combinación de código e procesos inda non se probou en profundidade (con todo, os primeiros informes son prometedores).

Este script só está dispoñible para Windows.

Só lle permite aos tradutores xerar ficheiros uncleaned de Trados. Non lles permite «traducir» ficheiros bilingües proporcionados polos seus clientes.

1. Inxerir os delimitadores de segmentos de Trados

Para crear un ficheiro de OpenOffice.org bilingüe que conteña delimitadores de segmento de Trados, peche o proxecto en OmegaT e despois execute o seguinte script AutoIt no ficheiro do proxecto project_save.tmx (require Windows):

http://www.leuce.com/tempfile/omtautoit/uncleanifyTMX.zip

2. Crear os documentos de destino

Cree os documentos de destinos da forma habitual e converta o ficheiro a Microsoft Word.

3. Aplicar estilos aos delimitadores

En Microsoft Word, execute a seguinte macro para aplicar os estilos relevantes ao documento (ou documentos) de destino:

Private Sub AddTw4winStyles()
On Error Resume Next
Dim sMark, sInt, sExt As Style
Set sMark = ActiveDocument.Styles.Add(Name:="tw4winMark", _
    Type:=wdStyleTypeCharacter)
With sMark.Font
  .Name = "Courier"
  .Size = 11
  .Hidden = True
  .Subscript = True
  .ColorIndex = wdViolet
End With
Set sInt = ActiveDocument.Styles.Add(Name:="tw4winInternal", _
    Type:=wdStyleTypeCharacter)
sInt.LanguageID = wdNoProofing
With sInt.Font
  .Name = "Courier"
  .Size = 11
  .ColorIndex = wdRed
End With
Set sExt = ActiveDocument.Styles.Add(Name:="tw4winExternal", _
    Type:=wdStyleTypeCharacter)
sExt.LanguageID = wdNoProofing
With sExt.Font
  .Name = "Courier"
  .Size = 11
  .ColorIndex = wdGray50
End With
End Sub

Copyright Marc Prior 2009-2011