Guía de OmegaT:
Empregar o Tradutor de Google en OmegaT

Ademais da páxina web na que os usuarios poden pegar os textos que queren traducir, o Tradutor de Google tamén ten unha interface (API) que pode ser empregada por ferramentas de tradución asistida para acceder ao seu servizo. Dende decembro de 2011 Google require que os usuarios paguen para usar este servizo. Esta guía describe como configurar esta función en OmegaT.

1. Se inda non ten unha, cree unha conta de google.com.

2. Siga este enlace para solicitar a Google a chave da API v2 do Tradutor de Google. Asegúrese a ter a man os detalles da súa tarxeta de crédito. Google xerará a súa chave API, unha cadea duns 39 caracteres.

3. Asigne esta chave ao proceso de execución de OmegaT como se explica a continuación, dependendo de se usa Windows, Mac ou se está executando OmegaT dende a liña de comandos ou a través dun script:

Usuarios de Windows:

3,1. Localice o ficheiro de configuración OmegaT.l4J.ini (a súa localización por defecto é C:\Program Files (x86)\OmegaT).

3,2. Para editar este ficheiro, debe ter permisos de administrador ou movelo a unha localización diferente no seu disco duro.

3,3. Abra OmegaT.l4J.ini nun editor de texto plano

3,4. Engada a seguinte liña ao texto no ficheiro:

-Dgoogle.api.key=XXXXXXXX

(na cal «XXXXXXXX» é a chave API que lle deu Google).

3,5. Garde OmegaT.l4J.ini (e se for necesario móvao ao cartafol de OmegaT).

Usuarios de Mac:

3.6 Faga clic dereito en OmegaT.app e seleccione «Mostrar contidos do paquete».

3.7 Faga clic dereito no ficheiro Info.plist e seleccione o seu editor preferido para abrir o ficheiro.

3,8. Busque as liñas:

<key>apple.awt.graphics.UseQuartz</key>

<string>true</string>

e inmediatamente despois delas, engada as liñas:

<key>google.api.key</key>

<string>XXXXXXXX</string>

na cal «XXXXXXXX» é a chave API do Tradutor de Google.

3.9 Garde Info.plist.

Usuarios de Linux:

3.10 Asegúrese de que ten o lanzador Kaptain instalado (se for necesario consulte a guía de Linux), despois introduza a chave de API de Google Translate no campo da táboa de Conectividade correspondente.

Usuarios que executan OmegaT dende a liña de comandos ou usando un script:

3.11 Engada o seguinte argumento ao comando de execución:

-Dgoogle.api.key=XXXXXXXX

na cal «XXXXXXXX» é a chave API do Tradutor de Google.

Desta forma o comando básico de execución coa chave de API do Tradutor de Google engadida sería:

java -jar -Dgoogle.api.key=XXXXXXXX OmegaT.jar

4. Configuración en OmegaT

4,1. Execute OmegaT

4,2. Seleccione Opcións > Tradución automática

4,3. Active Google Translate v2 (deixando as outras opcións desactivadas)

5. Teña en conta:

5.1 A tradución automática de Google é un servizo de pago (20 dólares estadounidenses por cada millón de caracteres). Pode comprobar o seu uso diario dende a súa conta de Google. No menú superior:

Máis > Inda máis > Innovación/Código > Consola de APIs > API do Servizo/Tradutor.

Copyright Milan Hubacek e Marc Prior 2011