Guía: Engadir unha función de vista previa a OmegaT:

Situación

A maioría das ferramentas de tradución asistida mostran o texto dividido en segmentos en lugar de mostralo co deseño e formato final. A pesar das vantaxes deste método, ter a capacidade de ver o deseño e formato final mentres traduce pódelle resultar moi útil á persoa que está a realizar a tradución. Por este motivo, moitas ferramentas de tradución asistida ofrecen unha función de vista previa que mostra o deseño e o formato sen que a persoa que traduce teña que crear o documento final e abrilo nunha ferramenta diferente (normalmente un procesador de textos). OmegaT non ten unha función integral de vista previa, pero é posible obter unha función similar usando software adicional. Esta guía explica o proceso xeral para configurar unha función de vista previa.

Principios

De ser posible, un visor debe facer dúas cousas:

Navegador

Se está traducindo ficheiros .html, unha solución cómoda é empregar un navegador con función de actualización automática para ter unha función de vista previa xa lista. Exemplos de navegadores con función de actualización automática:

É posible que prefira non empregar o seu navegador habitual para a vista previa e que desta forma estea libre para navegar por internet en lugar de ter que cambiar de pestanas constantemente, polo que pode considerar a instalación doutro navegador para a vista previa coma unha vantaxe.

Despois de seleccionar e instalar un navegador adecuado (e o complemento requirido), abra o ficheiro traducido no cartafol /target do seu proxecto:

Agora ten que activar a actualización automática. Tanto en Firefox como en Opera pode facer isto dando clic dereito no ficheiro .html que abriu, e logo seleccionando Actualizar cada > o intervalo que desexe (por exemplo, 5 segundos).

Agora dispón dunha función de vista previa. Para actualizar a visualización, debe gardar e crear o ficheiro de destino en OmegaT con Ctrl+s, Ctrl+d. Unha vez faga isto o cambio farase visible nun tempo que como moito equivalerá ao intervalo que seleccionou (ademais do tempo que precise OmegaT para gardar e crear os ficheiros). O seu navegador non se desprazará pola páxina a medida que traduce o texto, terá que facelo vostede manualmente. Con todo, manterase no mesmo punto no que estaba o texto cando se actualice a vista previa.

Vista previa de ficheiros de tratamento de texto

Abrir o seu ficheiro de destino traducido nun navegador é fácil cando seu ficheiro de orixe está en formato .html, pero as traducións normalmente está en ficheiros de tratamento de texto, que en OmegaT normalmente se procesan en formato .docx ou .odt. Inda pode usar a opción do navegador descrita antes para obter unha vista previa destes ficheiros, pero tamén precisará a) un convertedor para converter o ficheiro a formato .html, e b) unha ferramenta para executar o convertedor de forma automática para así non ter que converter os ficheiros de forma manual.

A continuación ten dous programas que poden ser usados como convertedores. Abiword e LibreOffice.

Abiword e LibreOffice son, respectivamente, un procesador de palabras e un conxunto de ferramentas de oficina. Ambos son gratuítos, están dispoñibles para varias plataformas e poden converter ficheiros .docx e .odt a formato .html.

A descarga de Abiword é relativamente pequena e é moi rápido de usar. Ten unha funcionalidade de liña de comandos para converter ficheiros .docx e .odt a formato .html. É moi fácil instalalo para as persoas que usan Linux e relativamente fácil para as persoas que usan Windows. Descargue Abiword aquí.

LibreOffice é un conxunto de ferramentas de oficina completa similar a Microsoft Office. Tamén é posible empegala para converter ficheiros .docx e .odt ao formato .html, pero require o complemento Unoconv para facelo dende a liña de comandos. Descargue LibreOffice aquí; descargue o complemento Unoconv aquí.

Unha vez teña instalado Abiword ou a combinación de LibreOffice+Unoconv, poderá converter os ficheiros de destino producidos por OmegaT ao formato .html para que o navegador os poida ler. Recorde que primeiro ten que gardar en OmegaT e crear os ficheiros traducidos, despois executar a ferramenta de conversión e por último esperar a que a vista se actualice no navegador.

Hai múltiples formas de conseguir isto, pero unha solución práctica é usar un script que «escoite» os cambios nos ficheiros producidos por OmegaT e despois, cando detecta un cambio, executa automaticamente a ferramenta que converte os ficheiros a formato .html para que o navegador os poida ler. A continuación se mostra un diagrama esquemático:

preview_flow.png

Descríbese un script de exemplo que logra esta función na Guía de Priorview.



Copyright Marc Prior 2012