Requisitos

Requisitos do sistema

OmegaT funcionará en calquera sistema no que o JRE (Java Runtime Environment) estea presente ou poida ser instalado. O JRE está incluído en OmegaT, polo que non é preciso obtelo por separado. OmegaT instalouse con éxito en Windows (todas as versións a partir de 98), Macintosh OS e Linux. 

É posible traducir ficheiros no formato Microsoft Office XML directamente con OmegaT. Pódense traducir os ficheiros de MS Word, Excel e Powerpoint en formatos máis vellos, unha vez convertidos a formatos de Microsoft Office actuais, ou no seu lugar ao formato Office Open XML, proceso que se pode realizar con OpenOffice.org ou LibreOffice (tamén libres) Para obter OpenOffice.org ou LibreOffice, siga a ligazón no botón «Software de terceiros» situado á esquerda.

Requisitos de usuario

Non é moi difícil instalar ou empregar OmegaT, pero require unha certa disposición a ler e seguir as instrucións. Se ten unha aversión natural a ler instrucións e a súa forma de tratar con programas novos é facer clic en todos os botóns ata que ocorre algo parecido ao efecto desexado, OmegaT non é adecuado para vostede.